E o martes, día 20, Amnistía Internacional impartiu un obradoiro entre o alumnado de 2º da ESO sobre a necesidade de establecer vínculos emocionais dun xeito saudable. Agradecemos a súa boa predisposición a traballar connosco.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
21 feb 2024
ÚLTIMAS ACTIVIDADES
E o martes, día 20, Amnistía Internacional impartiu un obradoiro entre o alumnado de 2º da ESO sobre a necesidade de establecer vínculos emocionais dun xeito saudable. Agradecemos a súa boa predisposición a traballar connosco.
9 feb 2024
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
TORNEO XADREZ
1 feb 2024
DÍA DA PAZ
Coa colaboración dos voluntarios da Biblioteca quixemos conmemorar este gran día lendo uns poemas adicados á paz ou á non violencia. Grazas polas vosas fermosas voces cheas de esperanza.
30 ene 2024
30 DE XANEIRO
O día 30 de xaneiro, ademáis de celebrarse o Día da paz e a non violencia, tamén se conmemora o Día da Ilustración en lembranza do nacemento de Castelao. Para a ocasión elaboramos o tríptico, que aquí podedes ver, cunha selección de cómics de temática histórica e agrupados por épocas.
26 ene 2024
CHARLA AECC
O xoves, 25 de xaneiro, no instituto levouse a cabo unha charla sobre hábitos de vida saudables e sexualidade segura. Esta iniciativa foi promovida pola Asociación Española contra o Cancro e contou coa participación da influencer Blondie Muser. O alumnado de 3º da ESO puido participar na gravación do podcast "O challenge da túa vida".
Deixámosvos a ligazón da noticia de prensa
19 ene 2024
ÚLTIMAS ACTIVIDADES
O mércores 10 de xaneiro, a biblioteca acolleu unha charla impartida por docentes da UDC para falarnos de cómo mellorar o noso sono e dirixido a alumnado de 1º de Bach. A xuntanza resultou moi satisfactoria e instrutiva. Esperamos que os consellos recibidos sirvan para que tod@s podamos ter un mellor sono e descanso reparador.
Por outra banda, este venres 19, fixemos entrega dos diplomas e dos vales ao alumnado premiado no certame de deseño de marcapáxinas deste curso. Deixámosvos a fotografía dese momento.
16 ene 2024
MARCAPÁXINAS PREMIADOS
20 dic 2023
RECOMENDACIÓNS NADAL
28 nov 2023
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 2023/24
Xa temos preparadas as bases para o concurso de marcapáxinas deste novo curso.
A temática "navegando pola historia" será o obxectivo das vosas creacións. Aquí vos deixamos o cartel con todos os detalles e se tedes calquera dúbida, preguntádenos!








.jpg)


.jpg)



.png)
.png)
