28 ene 2021

Cine pola paz

 O vindeiro sábado, día 30, celébrase o Día da Paz e a non violencia. Para esta ocasión seleccionamos algúns dos recursos audiovisuais que están dispoñibles na biblioteca. Esperamos a vosa visita!!!





20 ene 2021

Centenario Patricia Highsmith

Este 19 de xaneiro cumpríronse 100 anos do nacemento da escritora americana Patricia Highsmith, autora de relatos curtos e ensaios, coñecida fundamentalmente polas súas novelas de suspense psicolóxico e policiacas, moitas delas levadas ao cine. Aquí vos amosamos os libros que podedes atopar na biblioteca.



22 dic 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS E DESEXOS DE NADAL:

Este curso, as mochilas viaxeiras tardaron en emprender o seu camiño pero xa estan rumbo ás casas  para que as disfruten no Nadal. Parabéns ás participantes!

Aquí as tedes posando diante da árbore dos desexos de Nadal decorada polo alumnado do centro.

Grazas pola colaboración de tod@s!





21 dic 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Neste Nadal tan especial, queremos recomendarvos estas lecturas lembrando efemérides deste ano que, por mor da Covid-19, pasaron un pouco desapercibidas.   Pensando en que pasedes un tempo seguro e entretido na casa cos vosos seres queridos, aquí volas deixamos  desexándovos unhas FELICES FESTAS e un tempo merecido de reposo. 

FELIZ NADAL A TOD@S!



15 dic 2020

Concurso de marcapáxinas 2020

                                               
1º premio Bach - Ariadna (1ºH)
    

Xa temos gañadores do Concurso de marcapáxinas. Aquí vos deixamos os traballos premiados. Noraboa e parabéns  a todos/as. 


 





2º premio Bach - Ana (1ºA)

        



1º premio ESO

Icía (1º A)

3 dic 2020

3 de decembro: Día internacional da discapacidade

 Hoxe, 3 de decembro, celébrase o día internacional da discapacidade. 

Quixemos darlle maior visualización elaborando un tríptico con recursos diversos da nosa biblioteca.

Aquí vos deixamos o folleto pero temos moitos máis títulos esperando por vos.






29 nov 2020

CONCURSO DE DESEÑO DE MARCAPÁXINAS

Como cada curso, convocamos con moita ilusión o concurso de deseño de marcapáxinas, 

desexando que sexades moitos os participantes. 

O tema elixido para este curso é COIDAMOS O PLANETA? 

 Aquí vos deixamos as bases do concurso. Lédeas atentamente e deixade fluír a vosa arte...




26 nov 2020

25 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero

 Para lembrar as 41 mulleres víctimas da violencia de xénero, 

realizamos un acto simbólico con flores na súa memoria 

coa axuda dos nosos axudantes e alumnado do centro.


Co gallo de concienciar e axudar a eliminar esta lacra social, 

elaboramos un tríptico con recursos e apps de gran interese.





23 nov 2020

Novembro: mes da ciencia en galego


 De novo, este curso celebramos o mes da ciencia en galego, 

elaborando o tríptico que vos deixamos a continuación  cunha recopilación de 

fondos que temos á vosa disposición na vosa biblioteca.






6 nov 2020

Homenaxe a Carvalho Calero

 

O equipo de dinamización linguística xunto coa biblioteca organizou unha homenaxe ao noso gran escritor da terra, Carbalho Calero. 

Podedes ver a continuación a presentación "os carballos na nosa poesía"
 que serviu de escenario de fondo para a lectura de poesías sobre carballos realizadas 
por alumnado do centro.