Para festexar esta data tan especial, o "Día de Rosalía", o Equipo de Normalización Lingüística e o Equipo da Biblioteca, organizamos un recital no que colaborarou o alumnado de 1º e 2º BAC.
Asemade, con motivo desta data, na biblioteca tedes exposta unha selección das obras desta autora.
Esperamos que vos anime a coller os seus libros!
E....Feliz Entroido!!!!
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
24 feb 2017
14 feb 2017
14 DE FEBREIRO!
O Equipo de normalización lingüística, en colaboración coa biblioteca, fixo un excelente traballo co seu alumnado de 3º ESO para celebrar este día, e así de fermoso quedou o resultado.
Grazas polo esforzo e parabéns!
Grazas polo esforzo e parabéns!
3 feb 2017
Día dos namorados!!
Moi cerca está xa esa data que para moitos é das máis importantes. E, para dar un pulo a aqueles que queren demostrarlle o seu "amor" a alguén especial, este ano dende a Biblioteca temos corazóns para todos aqueles que queiran facer unha declaración de amor...
Participade e feliz día dos namorados!
Participade e feliz día dos namorados!
27 ene 2017
DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
Aproveitando que o día 30 de xaneiro celebramos o "Día escolar da non violencia e a paz", e que é tamén o "Día da Ilustración", elaboramos un tríptico con propostas que atoparedes na nosa biblioteca co mundo da "banda deseñada" como protagonista desta temática.
Esperamos que desfrutedes deles!
Lembrade que durante toda esta semana, poderedes colgar no "muro da paz" que poñeremos no vestíbulo, as vosas citas ou comentarios relacionados coa paz!
Esperamos que desfrutedes deles!
Lembrade que durante toda esta semana, poderedes colgar no "muro da paz" que poñeremos no vestíbulo, as vosas citas ou comentarios relacionados coa paz!
20 ene 2017
I CONCURSO INTERNACIONAL DE REPOSTERÍA
"Delicioso" é a palabra axeitada para definir este I Concurso internacional de repostería organizado pola biblioteca e a ANPA.
A participación foi moi ampla, colaboraron todos os departamentos de linguas, e o resultado, como poderedes ver nesta presentación, espectacular!
Engadimos, asemade, unha plantilla para que vexades como traballaou o noso alumnado.
Houbo varias categorías e moitos premiados, así que esperámosvos en próximas edicións!!!
A participación foi moi ampla, colaboraron todos os departamentos de linguas, e o resultado, como poderedes ver nesta presentación, espectacular!
Engadimos, asemade, unha plantilla para que vexades como traballaou o noso alumnado.
Houbo varias categorías e moitos premiados, así que esperámosvos en próximas edicións!!!
20 dic 2016
RECOMENDACIÓNS DE NADAL (ARTE E CIENCIA)
Tomando como punto de partida o lema escollido polas Bibliotecas Escolares, este ano, as nosas recomendacións para Nadal xiran en torno á temática artística.
Este é o noso tríptico para vós!
Asemade, recordámosvos que na páxina web do centro temos Lecturas de Ciencia que poden ser moi interesantes para vós.
Este é o enlace:
Este é o noso tríptico para vós!
Asemade, recordámosvos que na páxina web do centro temos Lecturas de Ciencia que poden ser moi interesantes para vós.
Este é o enlace:

Aproveitamos para desexarvos unha boa entrada no ano "primo" MMXVII
¡FELIZ NADAL E BOAS LECTURAS!
16 dic 2016
OS MARCAPÁXINAS PROMETIDOS!!!
13 dic 2016
GAÑADORES DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
Xa temos aos premiados do Concurso de Marcapáxinas deste ano! Agradecemos a todos a vosa participación. A elección dos gañadores estivo moi reñida, mostra da calidade dos vosos traballos.
Todos os traballos presentados estarán expostos na nosa biblioteca.
Nos próximos días colgaremos as imaxes. Agora, deixamos aquí nomes dos premiados:
Categoría Bacharelato (1º premio compartido):
Todos os traballos presentados estarán expostos na nosa biblioteca.
Nos próximos días colgaremos as imaxes. Agora, deixamos aquí nomes dos premiados:
Categoría Bacharelato (1º premio compartido):
- Rocío Pérez López (2º Bach G)
- Raquel Varela Fernández (2º Bach G)
Categoría Secundaria :
- 1º premio - Ana Belizón Freire (1º ESO A)
- 2º premio - Mateo Palmeiro Permuy (1º ESO A)
Parabéns!!
29 nov 2016
ACTOS NO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Tal como anunciamos neste blog, o 25 de novembro realizáronse diversos actos para mostrar o apoio ás víctimas da violencia de xénero, e de rexeitamento cara esta difícil problemática.
Asemade, publicamos un enlace ao blog do profesor do noso centro Manuel González (artistaconclase.blogspot.com), no que aparecen dous dos seus estudantes, gañadores dos Premios do "Certame galego das artes pola Igualdade de xénero 2016", celebrado en San Sadurniño.
Os galardóns na categoría xuvenil recaeron en "On line", de Carmen Leira e "Nin o penses de Marcelo Rodríguez,
Aquí vos deixamos as fotos das actividades
| Concentración no patio do instituto |
| Recital na biblioteca |
![]() |
| Recital na bilbioteca |
23 nov 2016
25 de NOVEMBRO. Carteis contra a violencia de xénero.
Por segundo ano consecutivo, o alumnado do Bacharelato de Artes implícase na loita contra a violencia de xénero a través dos seus magníficos traballos.
Parabéns polas súas obras!
Lembrade que este venres 25, gardarase un minuto de silencio en lembranza das víctimas da violencia de xénero. Por iso, ademáis, pídesevos que ese día vistades negro.
Grazas a tod@s.
View more presentations or Upload your own.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












