30 sept 2024

100 ANOS DE TRUMAN CAPOTE

 O luns, 30 de setembro celébrase o centenario do nacemento do icónico escritor norteamericano Truman Capote

En lembranza a súa figura amosámosvos este cartel no que atoparedes unha pequena reseña biográfica así como os libros que tedes dispoñibles na biblioteca.



23 sept 2024

VISITA Á BIBLIOTECA e VOLUNTARIAD@

Pouco a pouco a biblioteca inicia a súa andaina neste novo curso: A pasada semana leváronse a cabo as sesións de formación de usuarios entre o alumnado de 1º da ESO e  a visita por parte do profesorado de nova incorporación (das que deixamos imaxes máis abaixo) e ademáis, xa temos aberto o prazo para á procura de voluntari@s para a nosa biblioteca.

Esperamos que sexan moit@s @s que se decidan a formar parte das distintas actuacións programadas pola biblioteca. 

CONTAMOS CON TOD@S VÓS!!!






17 sept 2024

VOLTAMOS!!!

Dende a biblioteca queremos dar a benvida a todo o alumnado e profesorado do centro, en especial ao que neste curso se incorpora por primeira vez.  Aínda que en breve organizaremos visitas guiadas para que nos coñezades máis a fondo, invitámosvos a tod@s a pasar pola biblioteca.


19 jun 2024

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

 Como cada curso e aproveitando o bo tempo e as horas libres de verán, queremos recomendarvos estas lecturas dedicadas á banda deseñada que, esperamos, sexan do voso agrado e disfrutedes moito. 

Que teñades tod@s un excelente descanso e un mellor verán: lembrade que podedes pasar pola biblioteca e levar algún exemplar para sacarlle partido ao tempo libre.



I PREMIO CONCURSO "SOMOS RURAL"

Parabéns ao alumnado galardonado xunto co seu profesor Fernando polo seu traballo  que abre unha nova percepción sobre o rural galego.  O premio foi entregado no salón de actos con moita emoción e participación.

Aquí vos deixamos o enlace: 

PREME NA IMAXE



17 jun 2024

TRABALLOS ALUMNADO

Dende a biblioteca queremos deixar constancia do moito que ten traballado o noso alumnado este último trimestre. 

Parabéns a todos eles e ao profesorado pola súa dedicación e implicación nestas tarefas.

Por unha banda amosávosmos o proxecto levado a cabo pola profesora de Historia, Cristina, co seu alumnado de 1º da ESO que ilustrou a Odisea en banda deseñada.

 

Por outra banda, o alumnado de bioloxía de 3º da ESO e 1º de bacharelato elaboraron maquetas sobre o corpo humano, que lucen así de ben na nosa biblioteca.

 
Asemade os/as integrantes do club de lectura  fixeron esta guía sobre os distintos xéneros do manga.



E finalmente, as alumnas de 3º ESO A, Iris Fortúnez, Iris Quesada, Emma López, Emma Fernández y Carmen Díaz realizaron este booktrailer sobre o cómic "Problemas gatunos" como traballo para a materia de Lengua e Literatura española.





3 jun 2024

CENTENARIO FRANZ KAFKA

 Este luns, 3 de xuño, cúmprense 100 anos da morte do escritor  Franz Kafka, considerado un dos pais da literatura moderna. En lembranza a súa figura amosámosvos este pequeno cartel no que podedes atopar información sobre a súa figura así como os libros que temos dispoñibles na biblioteca.




14 may 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Para conmemorar este día, dedicado neste ano a Luísa Villalta, queremos compartir con vos o magnífico traballo da nosa compañeira e colaboradora da Biblioteca, Elvira.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Asemade vos deixamos un enlace a diversos xogos educativos elaborados por Afundación entorno á figura de Luísa Villalta.

preme para entrar


29 abr 2024

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

Durante a semana do 23 de abril dende a biblioteca organizamos dúas actividades: Por unha banda, un obradoiro de papiroflexia para a elaboración de marcapáxinas, baixo as indicacións d@s voluntari@s. E, por outra, a "operación globo" na que os participantes escribiron o título e autor do seu libro preferido nos globos que lles proporcionamos na biblioteca.
Aquí vos deixamos un par de imaxes das dúas iniciativas.


Ademáis, o martes 30 de abril visitou o noso centro o escritor Santiago García-Albiac que mantivo un encontro co alumnado de 3º da ESO para falar do seu libro "El principito se fue a la guerra".



19 abr 2024

DÍA DO LIBRO

 O vindeiro martes, día 23, celebraremos o Día do Libro. Nesta ocasión temos preparada unha pequena mostra de biografías en banda deseñada que xa podedes visitar.

Por outra banda, durante os recreos levaremos a cabo as seguintes actividades: 

- Un obradoiro de papiroflexia para a elaboración de marcapáxinas.

- O "libro da túa vida": Poderedes escribir nun globo, que vos proporcionaremos, o título e autor do libro que máis vos teña gustado. 

 ESPERÁMOSVOS PARA ENCHER A BIBLIOTECA DE GLOBOS!!!