28 ene 2022

Visita de galeses e irlandeses e Charla de Quérote+

 Este é o terceiro ano no que o noso instituto forma parte do Proxecto Lang Teaching in Bilingual Country ILG 2019-1-UK01-KA201-061951, proxecto de intercambio con países que posúen dúas linguas oficiais. Dentro das actividades encadradas neste grupo de traballo, esta xoves, día 27, recibimos a visita dos socios de Gales e Irlanda. 


A recepción tivo lugar na biblioteca e para a ocasión, a nosa compañeira Elvira elaborou a presentación que vos amosamos a continuación.

Tamén este xoves contamos coa presenza na biblioteca do alumnado de 3º da ESO para acudir á charla impartida por Quérote+ e que versou sobre sexualidade e afectividade.

25 ene 2022

30 de xaneiro

 O vindeiro domingo, 30 de xaneiro celebrarase o Día da Ilustración, que este ano homenaxea a Reimundo Patiño. Se queres saber máis sobre esta data pincha na imaxe.


Na biblioteca temos a sorte de contar cun exemplar da  súa obra 2 viaxes, feita en 1975 xunto con Xaquín Marín, e que está considerada como o primeiro cómic en galego.








21 ene 2022

CHARLA DIVERSIDADE

 O xoves, 20 de xaneiro acollimos a charla sobre Diversidade sexual e de xénero orientada ao alumnado de 4º da ESO. A actividade foi realizada pola asociación ALAS, a que lle agradecemos dende aquí o seu bon facer. Se estás interesado/a  en obter máis información sobre ela, preme AQUÍ .






19 ene 2022

Entrega de premios

Esta semana fixemos entrega na biblioteca dos premios do certame de deseño de marcapáxinas que se levou a cabo antes do Nadal. Noraboa a Sara e Pepe e grazas a tod@s os que participáchedes, así coma ao ANPA pola súa colaboración un ano máis.

Cando veñades a biblioteca a buscar algún libro poderedes levar un marcapáxinas como agasallo.

Pepe García- 2º Premio

Sara Fontao-1º Premio


14 ene 2022

ANIVERSARIO MOLIÈRE

O sábado,15 de xaneiro, cúmprense 400 anos do nacemento de Molière, cuxas obras sobreviviron ao tempo e convertéronse en clásicos da literatura. Co gallo desta data amosámosvos os materiais que tedes dispoñibles na biblioteca.












 

13 ene 2022

Últimas actividades do trimestre

 A piques de rematar as clases do primeiro trimestre a biblioteca foi o escenario elixido para o desenvolvemento de dúas actividades das que aquí vos damos cumprida conta:


"Falemos de suicidio: Previlo é posible", a cargo da psicóloga Ana Mª Caaveiro, e  dirixida ás familias e persoal educativo

Taller de primeiros auxilios, impartido por Protección civil Ferrol,  no que participou o alumnado do Ciclo Medio de Operacións de Laboratorio e do Ciclo Superior de Química e Saúde ambiental.




20 dic 2021

Recomendacións Nadal

Rematando este primeiro trimestre, dende a biblioteca queremos desexarvos a tod@s unhas felices e merecidas vacacións. Aproveitamos a ocasión para deixarvos a nosa selección de lecturas recomendadas para este tempo de lecer... e lembrade que non é necesario manter a distancia de seguridade cun libro.  

BO NADAL!!!



16 dic 2021

Concurso de marcapáxinas 2021


  Xa podedes pasar pola biblioteca a ver os traballos presentados ao Concurso de deseño de  marcapáxinas.   Parabéns a tod@s  @s participantes e, en especial,  a Sara e Pepe, cuxas obras foron  as premiadas.




13 dic 2021

BICENTENARIO DO NACEMENTO DE FLAUBERT

O pasado domingo 12 de decembro celebrouse o bicentenario do nacemento do escritor francés Gustave Flaubert, figura emblemática do realismo francés. Aquí vos deixamos algúns datos da súa vida así como as obras que están dispoñibles na nosa biblioteca.


 

2 dic 2021

IN MEMORIAM

 Neste mes de novembro, que deixamos atrás, tivemos que lamentar o pasamento de dous grandes escritores: Darío Xohán Cabana e Almudena Grandes, aínda que sempre seguirán vivos para nós a través da súa obra.