23 oct 2020

24 outubro- Día das Bibliotecas

 Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas e tomando como referencia a temática de "Xeografías Lectoras" proposta polas Bibliotecas Escolares, elaboramos  unha presentación onde atopamos  libros fóra do seu lugar e formato habitual. 


19 oct 2020

Centenario do nacemento de Miguel Delibes

 Queremos lembrarvos que  o 17 de outubro celebrouse o centenario do nacemento de Miguel Delibes,  autor prolífico e visionario que foi un referente intelectual e moral do seu tempo. Co gallo desta data, elaboramos un tríptico con todas as obras que están dispoñibles na nosa biblioteca, esperando que vos guste.








FORMACIÓN DE USUARIOS

 Como cada curso, a semana pasada recibimos ao novo alumnado de 1º de ESO para explicarlles o funcionamento da biblioteca así como a distribución do seu fondo. Tamén recibiron formación sobre o novo protocolo de seguridade da biblioteca. Grazas a tod@s pola vosa participación!





1 oct 2020

Falecemento do creador de Mafalda, Quino



Temos que despedir a Quino, creador de Mafalda,  gran ilustrador arxentino que faleceu onte na súa cidade natal aos 88 anos:

Outra vez sopa!”, di Mafalda

Morreu Quino, pero Mafalda será inmortal. A nena sabia fainos rir coa súa mirada inocente e palabras tan certas e tan de actualidade moitas veces.

Aquí a vemos tratando de curar un mundo enfermo. Todos desexamos que o consiga...

23 sept 2020



Aquí tedes as novas normas de funcionamento da biblioteca para 
garantir a maior seguridade para tod@s.
Leédeas atentamente e respectemos todos o protocolo 
para que o novo curso sexa o máis normal posible.
Entre tod@s imos a conseguilo!!!






 

11 sept 2020

Benvid@s ao curso 2020-2021

Ola a tod@s!

Desde a biblioteca estamos a traballar para comenzar o curso coas mellores garantías de seguridade.
Entre as novidades, imos habilitar un espazo no blog para que poidades completar o formulario  e darvos de alta coma socios así como para solicitar os vosos libros con antelación.
Estade atentos xa que en breve publicaremos o noso protocolo de seguridade para que, de novo, a biblioteca volva a contar coa vosa presenza.
Ata moi pronto!

23 jun 2020

Recomendacións de Verán

Xa chega o final de curso, os raios de sol e as brisas de mar,
e con isto, non poden faltar
as nosas recomendacións de verán...
lecturas amenas, interesantes e instructivas
para encher as horas baleiras e días de lecer.
Lembrade ser prudentes e moi bo verán a tod@s!!!
Vémonos en setembro...

ver en pdf


3 jun 2020

5 xuño: Día mundial do medioambiente

Para celebrar de xeito moi especial este día, elaboramos este cartel informativo 
que vos deixamos a continuación. 
Nel tamén atoparedes, entre outros,  lecturas que espertarán , sen dúbida, o voso interese. 

Ese día, lembrade que haberá un eclipse lunar chamado "lúa de amorodo"

Coidemos do noso planeta para poder disfrutalo máis tempo...


16 may 2020

Recitado "Carvalho Calero" 2019



Dende a biblioteca, queremos lembrar o recitado que tivo lugar o 30 de outubro de 2019 na capela do centro cultural Torrente Ballester. 

Aquí vos deixamos o vídeo e o enlace onde o EDLG recolle toda a información sobre este recitado:  http://revistafdp.blogspot.com/




13 may 2020

17 maio 2020: Día das letras galegas

Para celebrar este día, 
realizamos este cartel lembrando con moito agarimo
 ao noso ilustre ferrolán Ricardo Carvalho Calero e ás súas obras.


Tamén vos propoñemos o xogo
 "quén é quén especial Letras Galegas" 
que confeccionamos 
para ver se os coñecedes a tod@s...


Esperamos que vos guste e lembrade que 
a lectura sempre é fonte de coñecemento.