O venres, 31 de xaneiro, cúmprense 200 anos do nacemento de Concepción Arenal, muller que da nome ao noso instituto. Deixámosvos este cartel no que recollemos materiais que poden ser de interese para coñecer a súa figura.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com biblioteca.ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal
30 ene 2020
17 ene 2020
Fomento da lectura e Campionato de xadrez
Esta semana visitou a biblioteca a escritora Alba López Paredes que falou, para o alumnado de 1º da ESO das dúas sagas que ten escritas. O alumnado foi moi participativo e amosou moito interés polos seus libros, que xa estamos a prestar. Dende aquí queremos darlle as gracias a Alba pola súa colaboración e por despertar o interese pola lectura entre o público máis xuvenil.
E lembrade, que un ano máis, comezamos co XADREZ.
Esperamos moitos participantes.
19 dic 2019
Suxestións de Nadal
Para este tempo de Nadal, querémosvos recomendar algunhas lecturas
que, de seguro, encherán as vosas horas de lecer. Desde a biblioteca, desexamos a tod@s
unhas moi boas festas e un merecido descanso!!!
13 dic 2019
Concurso Marcapáxinas
Xa temos as obras premiadas do Concurso de deseño de marcapáxinas. Noraboa a Nerea Sedes López de 2º Bac. B (1º premio), Xoana Abraira de Bernardo de 2º Bac. A (2º premio) e Noa Grandal Pérez de 1º ESO B (1º premio). Parabéns para todas/os as/os participantes. En breve teremos dispoñibles na biblioteca os calendarios que poderedes levar de agasallo.
A entrega de diplomas e vales-agasallo terá lugar o xoves 19, no segundo recreo, na biblioteca.
29 nov 2019
Contra a violencia de xénero
Para concienciar ao alumnado e lembrar as víctimas da violencia de xénero, a biblioteca organizou unha charla levada a cabo pola asociación ALVIXE. Grazas Adriana por axudarnos a abrir os ollos e tomar conciencia desta lacra...

Ademáis, realizamos un acto simbólico, colocando nas cadeiras da biblioteca un zapato (por cada muller falecida) feito polo grupo de voluntarios. Durante o recreo, os usuarios da biblioteca foron recollendo os zapatos e deixándoos nun cadaleito para lembrar a cada unha das víctimas.

Ademáis, realizamos un acto simbólico, colocando nas cadeiras da biblioteca un zapato (por cada muller falecida) feito polo grupo de voluntarios. Durante o recreo, os usuarios da biblioteca foron recollendo os zapatos e deixándoos nun cadaleito para lembrar a cada unha das víctimas.
21 nov 2019
Concurso de marcapáxinas 2019-2020
Como cada ano, volvemos a convocar o concurso de deseño de marcapáxinas 2019-2020.
Este ano, decidimos dedicalo con especial agarimo á nosa Concepción Arenal que cumpre 200 anos o 31 de xaneiro. Aquí vos deixamos as bases lembrándovos que hai dúas categorías (ESO e BACH) e dous premios por categoría.
Animádevos, sede creativ@s e participade!!! Esperamos con moita ilusión os vosos traballos!
15 nov 2019
Mochilas viaxeiras 2019
Xa temos en marcha as mochilas viaxeiras! Aquí vos deixamos os seus contidos:
As primeiras xa están viaxando hacia novos fogares:
28 oct 2019
Samaín 2019
Para celebrar o Samaín, a biblioteca ten previstas diversas actividades para o mércores 30, anótaas e participa...
- Esperámosvos para que, no panel habilitado na biblioteca, nos recomendedes a vosa personaxe de terror favorita de películas ou libros. Elaboraremos un listado coas vosas recomendacións que será publicado no noso blog, nos vindeiros días.
- Truco ou trato : Se levades un libro, recibiredes unha larpeirada.
- O vampiro Vladimiro esperavos para un photocall especial Samaín para os máis atrevidos e no segundo recreo, poderedes participar no obradoiro " crea o teu propio photobooth".
- E coma sempre, teremos a nosa exposición especial "seres máxicos" na entrada da biblioteca para dar a coñecer os materiais que temos e para que poidas gozar deles.
22 oct 2019
Día das bibliotecas
O vindeiro xoves celébrase o Día das Bibliotecas. Para esta ocasión tan sinalada fixemos unha selección de lecturas relacionadas con distintas efemérides deste ano 2019, como o cincuenta aniversario da chegada do home á lúa, o quinto centenario da morte do gran Leonardo da Vinci e outras igualmente interesantes.
20 sept 2019
Ola a todas e todos!
Dámosvos a benvida a este novo curso desexándovos un bo comenzo.Esperamos poder realizar moitas actividades que sexan do voso interese e contar coa vosa participación.
Aquí vos esperamos coma sempre tanto aos antigos usuarios coma aos novos. Co gallo de dar a coñecer a biblioteca aos novos alumnos, nos próximos días realizaremos visitas guiadas das que vos informamos a continuación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















