A nosa biblioteca faise eco das diversas protestas levadas a cabo en todo o mundo este venres 15 de marzo contra o cambio climático. Neste curso, eliximos precisamente a temática do mundo animal para resaltar a súa importancia e a necesidade de ser protexido polo ser humano. Por isto e moito máis, nos unimos á voz mundial contra o cambio climático que perxudica ao ser humano e tamén a tódolos seres vivos do noso planeta.
Recomendamos vivamente este exemplar do que dispoñemos na biblioteca:
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com biblioteca.ies.concepcion.arenal@edu.xunta.gal
19 mar 2019
11 mar 2019
Entroido 2019
Este curso tivemos un Entroido moi animado con moita participación de alumnado e profesorado.Este último co gallo da celebración dos 150 anos da Táboa Periódica atopou inspiración para os seus disfraces.
22 feb 2019
Día de Rosalía
O vindeiro domingo 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e con este motivo este venres 22 leváronse a cabo varias actividades, como lectura de poesias en todas as aulas e na biblioteca participamos coa iniciativa que chamamos "Un libro, un caravel" en colaboración con o EDLG e que resultou todo un acerto. Proxectouse tamén o III acto de "No devalar dos tristes".
Grazas a tod@s pola vosa participación; sen dúbida a repetiremos en máis ocasións.
15 feb 2019
Semana de actividades
1 feb 2019
Día da Paz
O pasado mércoles 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Non violencia e da Paz e para festexalo, na biblioteca, levouse a cabo a lectura teatralizada do "Poema nuclear" de Celso Emilio Ferreiro por parte do grupo de teatro do instituto. Dende aquí queremos darlle os nosos parabéns e as grazas pola súa actuación.
21 ene 2019
II Certame de cómic contra a violencia de xénero
Presentámosvos os cómics elaborados polo alumnado co gallo do día contra a violencia de xénero.
Noraboa aos gañadores e a todos os participantes pola creatividade amosada.
Noraboa aos gañadores e a todos os participantes pola creatividade amosada.
14 ene 2019
Concurso repostería
O último día antes das vacacións de Nadal celebramos a terceira edición do concurso internacional de repostería, todo un éxito de participación e asistencia.
Agradecemos aos membros do xurado a súa dedicación e felicitamos a todos os premiados.
Agradecemos aos membros do xurado a súa dedicación e felicitamos a todos os premiados.
11 ene 2019
Concurso marcapáxinas "Poéticas diversas na biblioteca escolar"
Benvidos, esperamos que gozárades das vacacións de Nadal!Retomamos o traballo amosándovos as artísticas creacións do noso alumnado sobre o tema escollido polas Bibliotecas escolares: "Poéticas diversas"
As musas inspiraron todas estas fantásticas obras.
As musas inspiraron todas estas fantásticas obras.
21 dic 2018
Recomendacións e actividades de Nadal
Despedimos o ano entregando os premios dos certames de cómic contra a violencia de xénero e deseño de marcapáxinas, como podedes ver nas fotos que aquí tendes. Lembrade que os traballos están expostos na biblioteca e á volta das vacacións prepararemos unha presentación con todos eles.
Aproveitamos tamén a ocasión para deixarvos as nosas recomendacións de lectura para o nadal e desexarvos unhas moi Felices Festas!!!
| Premiadas no certame de deseño de marcapáxinas |
| Premiados no certame de cómic |
12 dic 2018
Obradoiro de Amnistía Internacional e Premiados do Concurso marcapáxinas
Co gallo da celebración do 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos, onte contamos coa presencia de dúas activistas de Amnistía Internacional que realizaron un obradoiro sobre as emocións e o respeto dos dereitos humanos co alumnado de 3º ESO. Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade, que resultou de gran interese para tod@s.
Aproveitamos a ocasión, para dar a coñecer ás gañadoras do concurso de marcapáxinas 2018.
Parabéns ás premiadas e agradecemos a participación do alumnado.
Lembrade que o próximo xoves, 20 de decembro, no segundo recreo terá lugar a entrega de diplomas e premios na biblioteca.

Lembrade que o próximo xoves, 20 de decembro, no segundo recreo terá lugar a entrega de diplomas e premios na biblioteca.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)









