Para seguir coa celebración do Día das Bibliotecas, escollimos este artigo sobre as 10 bibliotecas máis bonitas do mundo co desexo de que algún día podades visitalas.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
21 oct 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS
13 oct 2025
DÍA DAS ESCRITORAS
23 sept 2025
AFICIONAD@S Á MÚSICA
Dende a Biblioteca seguimos a organizar cousiñas. Se o que che vai é a música e eres dos que cantas a todas horas, axúdanos a formar un "coro informal" co que amenizar as celebracións que se levarán a cabo neste curso.
ESPERÁMOSVOS!!!
15 sept 2025
9 sept 2025
BENVIDA
19 jun 2025
LECTURAS VERÁN
Xa chegou o final de curso e como non, o tempo de descanso e lecer. Para esas horas de praia, esos momentos de tumbona ou unha tarde ociosa deixámosvos estas recomendacións de lectura esperando que as disfrutedes moitísimo.
Feliz descanso e moi bo verán a tod@s! Esperamos por vós á volta das vacacións!
12 jun 2025
TRABALLO: OS LIBROS INTERVIDOS
Estos son os magníficos e creativos traballos realizados polo alumnado de 1º de Bach da materia de Proxectos Artísticos, que, guiados pola profesora Magdalena, lle deron unha segunda vida aos libros expurgados da Biblioteca.
Parabéns aos creadores e ás creadoras desta impresionante iniciativa!
2 jun 2025
CINE WESTERN
Enfilamos a recta final de este curso e despedímonos da temática coa que estivemos a traballar ao longo deste ano con esta sinxela infografía sobre un clásico xénero cinematográfico.
22 may 2025
VISITA MANU CARBAJO
FESTEXANDO AS LETRAS GALEGAS
12 may 2025
LETRAS GALEGAS 2025
Este ano 2025, o día das Letras Galegas estará adicado ás Cantareiras e á poesía popular oral. Para esta data tan señalada, a nosa compañeira Elvira realizou esta marabillosa presentación sobre estas figuras da nosa cultura. Esperamos que vos guste.
28 abr 2025
"UNHA CARÁTULA DE CINE"
Despois de recibir numerosos traballos, a decisión final estivo moi repartida.
Para esta ocasión, o traballo gañador resultou ser:
MOITOS PARABENS A TOD@S OS PARTICIPANTES!
23 abr 2025
DÍA DO LIBRO
Seguimos a voltas co tema do cine. Nesta ocasión, co gallo da celebración do Día do Libro, amosámosvos unha presentación cunha selección de películas cuxo tema principal xira ao redor do mundo do libro e o oficio de escribir.
Todas elas están dispoñibles na biblioteca esperando a que vos animedes a visualizalas.
24 mar 2025
CHARLA DE PRIMEIROS AUXILIOS
O pasado mércores 19 de marzo tivo lugar unha charla sobre primeiros auxilios a cargo de Protección Civil á que asistiu alumnado de ciclos. Foi unha experiencia moi fructífera na que a rapazada aprendeu nocións básicas coas que defenderse en diversas situacións de emerxencia.
Agradecemos dende aquí a Javier o seu traballo e boa sintonía co alumnado.
13 mar 2025
8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Para esta data señalada, o departamento de Francés realizou un concurso sobre actrices francófonas: O alumnado participante deixou mostra da súa creatividade nos seus traballos escritos en francés e en galego. Parabéns a tod@s!
Os carteis están expostos na biblioteca xunto cunha exposición sobre películas que versan sobre a figura de distintas mulleres en diversas épocas históricas e disciplinas.
25 feb 2025
DÍA DE ROSALÍA
O EDLG e o departamento de Lingua Galega organizaron para a ocasión un concurso de chapas sobre a figura de Rosalía de Castro que se distribuíron ao día seguinte á súa celebración. As obras resultantes deixaron de manifesto a creatividade e a arte que hai nos nosos pequenos artistas.
Os traballos do alumnado premiado están expostos na Biblioteca, aínda que a participación foi moi alta. Parabéns a todxs!
17 feb 2025
ENTREVISTA CON ANUSKA MOSQUERA
Para conmemorar o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, este venres día 14, contamos coa presenza de Anuska Mosquera, exalumna do noso centro e doctora en Enxeñería Química. No programa "De 0 a 100", que realiza La voz de Galicia en colaboración coa Consellería de Educación, falou do Proxecto PRETENACC, que ten como finalidade desenvolver unha biotecnoloxía para producir bioplásticos a partir de residuos, neste caso aceites vexetais, capaces de substituír o plástico derivado do petróleo.
13 feb 2025
TEATRO EN FRANCÉS
Este luns 10 de febreiro, o alumnado de francés de 3º e 4º de ESO asistiu a unha obra de teatro da compañía BHM dedicada aos recordos de Etienne, científico con problemas de memoria, facendo referencias a Jules Verne, Georges Meliès ou O Principiño.
Resultou unha experiencia moi gratificante para tod@s!
30 ene 2025
30 de XANEIRO: DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN
Para esta celebración, o departamento de Matemáticas organizou un obradoiro de papiroflexia para realizar pombas de paz que se levou a cabo na biblioteca durante os recreos. Resultou ser unha actividade orixinal e divertida que encheu o lugar dunha banda de pombas pacíficas.
ACTIVIDADES SOBRE ROSALÍA
Este mércores, día 29, empezamos coas actividades que durante este mes de febreiro se adicarán á figura de Rosalía, inaugurando na biblioteca a mostra "Rosalía: proclamar ao mundo que Galicia existe", cedida pola Deputación de A Coruña. Para a ocasión contamos coa inestimable presenza de Francisco Rodríguez, gran coñecedor da figura e obra de Rosalía, autor dos textos informativos da exposición. O acto estivo amenizado ademáis pola música do artista polifacético Xoán Padín e por un recital de poemas por parte de alumnado do noso centro e do IES Sofía Casanova, que visitou a biblioteca co gallo desta actividade.
Podedes visitar a exposición na Biblioteca sobre Rosalía, que estará con nós ata o día 12 de febreiro.
ESPERÁMOSVOS!
20 ene 2025
CHARLA PLURILINGÜISMO USC
O venres pasado, tivemos a sorte de contar con Gabriela, profesora da USC, que nos deu unha charla explicativa sobre o Plurilingüismo para o alumnado de francés de 4ºESO e BACH. Resultou de gran interese e a participación e actitude do alumnado foi excelente.








.jpg)

.png)
.png)




.jpg)



.jpg)








