24 oct 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS: ACTIVIDADES

 Seguindo cos festexos do Día da Biblioteca, fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos primeiros

lectores: esperamos que disfrutedes moito das nosas propostas!


Tamén se organizou un monólogo científico a cargo de Big Van Ciencia destinado ao alumnado de 4ºESO, ciclos e 1º Bach. Un espectáculo teatral cheo de ciencia e humor que fixo pasar momentos realmente divertidos. Agradecemos a súa cercanía e entrega cos rapaces.





DÍA DAS BIBLIOTECAS: ESPECIAL CINE

Este curso, no que estamos a traballar arredor do cinema, queremos festexar o Día das Bibliotecas (24 de outubro) presentándovos esta pequena selección de películas nas que os libros e as bibliotecas están moi presentes. 

17 oct 2024

IX TORNEO XADREZ

 Lembrámosvos que tedes ata o  día 18 de outubro para apuntarvos ao Torneo de Xadrez deste curso.

NON VOS DEMOREDES!



16 oct 2024

PREPARANDO O SAMAÍN

 Deixámosvos aquí toda a información sobre as actividades que estanse a preparar cara o Samaín. 

CONTAMOS COA VOSA PARTICIPACIÓN!!!



10 oct 2024

DÍA DA SAÚDE MENTAL

 Hoxe. día 10 de outubro, Día da Saúde Mental, coa finalidade de sensibilizar ao entorno educativo sobre esta problemática, puxemos o noso gran de area organizando un obradoiro no que o alumnado confeccionou unhas grilandas con mensaxes positivas que quedaron expostas no vestíbulo do centro. Asemade, na biblioteca, preparamos unha pequena selección de películas que tratan esta temática dende diversas facetas.


Deixámosvos, ademáis, un enlace a unha publicación sobre o impacto que teñen as redes sociasis na saúde mental dos adolescentes.

PREME NA IMAXE


3 oct 2024

OBRADOIRO LINGUA DE SIGNOS

Este mércores deu comenzo na biblioteca o obradoiro de lingua de signos que temos previsto desenvolver todos os mércores nos segundos recreos. Non é necesario apuntarse para participar, así que vos esperamos sempre que queirades. ANIMÁDEVOS!!! 

30 sept 2024

100 ANOS DE TRUMAN CAPOTE

 O luns, 30 de setembro celébrase o centenario do nacemento do icónico escritor norteamericano Truman Capote

En lembranza a súa figura amosámosvos este cartel no que atoparedes unha pequena reseña biográfica así como os libros que tedes dispoñibles na biblioteca.



23 sept 2024

VISITA Á BIBLIOTECA e VOLUNTARIAD@

Pouco a pouco a biblioteca inicia a súa andaina neste novo curso: A pasada semana leváronse a cabo as sesións de formación de usuarios entre o alumnado de 1º da ESO e  a visita por parte do profesorado de nova incorporación (das que deixamos imaxes máis abaixo) e ademáis, xa temos aberto o prazo para á procura de voluntari@s para a nosa biblioteca.

Esperamos que sexan moit@s @s que se decidan a formar parte das distintas actuacións programadas pola biblioteca. 

CONTAMOS CON TOD@S VÓS!!!






17 sept 2024

VOLTAMOS!!!

Dende a biblioteca queremos dar a benvida a todo o alumnado e profesorado do centro, en especial ao que neste curso se incorpora por primeira vez.  Aínda que en breve organizaremos visitas guiadas para que nos coñezades máis a fondo, invitámosvos a tod@s a pasar pola biblioteca.


19 jun 2024

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

 Como cada curso e aproveitando o bo tempo e as horas libres de verán, queremos recomendarvos estas lecturas dedicadas á banda deseñada que, esperamos, sexan do voso agrado e disfrutedes moito. 

Que teñades tod@s un excelente descanso e un mellor verán: lembrade que podedes pasar pola biblioteca e levar algún exemplar para sacarlle partido ao tempo libre.



I PREMIO CONCURSO "SOMOS RURAL"

Parabéns ao alumnado galardonado xunto co seu profesor Fernando polo seu traballo  que abre unha nova percepción sobre o rural galego.  O premio foi entregado no salón de actos con moita emoción e participación.

Aquí vos deixamos o enlace: 

PREME NA IMAXE



17 jun 2024

TRABALLOS ALUMNADO

Dende a biblioteca queremos deixar constancia do moito que ten traballado o noso alumnado este último trimestre. 

Parabéns a todos eles e ao profesorado pola súa dedicación e implicación nestas tarefas.

Por unha banda amosávosmos o proxecto levado a cabo pola profesora de Historia, Cristina, co seu alumnado de 1º da ESO que ilustrou a Odisea en banda deseñada.

 

Por outra banda, o alumnado de bioloxía de 3º da ESO e 1º de bacharelato elaboraron maquetas sobre o corpo humano, que lucen así de ben na nosa biblioteca.

 
Asemade os/as integrantes do club de lectura  fixeron esta guía sobre os distintos xéneros do manga.



E finalmente, as alumnas de 3º ESO A, Iris Fortúnez, Iris Quesada, Emma López, Emma Fernández y Carmen Díaz realizaron este booktrailer sobre o cómic "Problemas gatunos" como traballo para a materia de Lengua e Literatura española.





3 jun 2024

CENTENARIO FRANZ KAFKA

 Este luns, 3 de xuño, cúmprense 100 anos da morte do escritor  Franz Kafka, considerado un dos pais da literatura moderna. En lembranza a súa figura amosámosvos este pequeno cartel no que podedes atopar información sobre a súa figura así como os libros que temos dispoñibles na biblioteca.




14 may 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Para conmemorar este día, dedicado neste ano a Luísa Villalta, queremos compartir con vos o magnífico traballo da nosa compañeira e colaboradora da Biblioteca, Elvira.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

Asemade vos deixamos un enlace a diversos xogos educativos elaborados por Afundación entorno á figura de Luísa Villalta.

preme para entrar


29 abr 2024

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

Durante a semana do 23 de abril dende a biblioteca organizamos dúas actividades: Por unha banda, un obradoiro de papiroflexia para a elaboración de marcapáxinas, baixo as indicacións d@s voluntari@s. E, por outra, a "operación globo" na que os participantes escribiron o título e autor do seu libro preferido nos globos que lles proporcionamos na biblioteca.
Aquí vos deixamos un par de imaxes das dúas iniciativas.


Ademáis, o martes 30 de abril visitou o noso centro o escritor Santiago García-Albiac que mantivo un encontro co alumnado de 3º da ESO para falar do seu libro "El principito se fue a la guerra".



19 abr 2024

DÍA DO LIBRO

 O vindeiro martes, día 23, celebraremos o Día do Libro. Nesta ocasión temos preparada unha pequena mostra de biografías en banda deseñada que xa podedes visitar.

Por outra banda, durante os recreos levaremos a cabo as seguintes actividades: 

- Un obradoiro de papiroflexia para a elaboración de marcapáxinas.

- O "libro da túa vida": Poderedes escribir nun globo, que vos proporcionaremos, o título e autor do libro que máis vos teña gustado. 

 ESPERÁMOSVOS PARA ENCHER A BIBLIOTECA DE GLOBOS!!!


22 mar 2024

#DESAFÍOGALEGO 2024

Un curso máis, e xa van tres, púxose en marcha o Desafío galego, unha iniciativa promovida polo EDLG do noso instituto coa finalidade de fomentar o uso da lingua galega. Nesta ocasión contouse, como madriña do evento,  coa poeta e instagramer Nuria Vilán Prado, máis coñecida como "Nuria Vil", cuxa intervención tivo lugar o mércores 13 de Marzo, no salón de actos

A iniciativa rematou o venres, día 22, cunha excursión a Ourense onde o profesor Manuel Rei presentou o libro "Otero Pedrayo no IES Concepción Arenal".

 


13 mar 2024

14M

Este xoves, 14 de marzo, celébrase o Día Internacional das Matemáticas. Ata o 2019 esta data era coñecida, dunha forma un tanto informal, como o Día de PI , xa que a parte enteira e os dous primeiros decimais da popular constante son 3,14.

Invitámosvos a botar unha ollada á mostra sobre "lecturas matemáticas" que preparamos na biblioteca co gallo desta data.



8 mar 2024

8M

 Como xa saberedes, o venres día 8 celébrase o Día Internacional da Muller, unha data na que se reivindica a igualdade plena entre mulleres e homes. 

Desde la biblioteca presentámosvos esta selección de lecturas en Banda Deseñada que afondan na figura de distintas mulleres que destacaron en ámbitos diversos ou que loitaron polos seus dereitos e ideas.



21 feb 2024

ÚLTIMAS ACTIVIDADES

Esta semana na biblioteca desenvolvéronse dous obradoiros.
O luns, día 19, aprendimos grazas à ponente da facultade de Fisioterapia da UDC a importancia que ten o uso correcto das mochilas para a saúde da nosa columna e os nosos músculos.


E o martes, día 20, Amnistía Internacional impartiu un obradoiro entre o alumnado de 2º da ESO  sobre a necesidade de establecer vínculos emocionais dun xeito saudable. Agradecemos a súa boa predisposición a traballar connosco.



9 feb 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O vindeiro domingo día 11 celebrarase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa finalidade de visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM, creando así referentes femininos para a infancia. 
Aínda que ese día todxs estaremos a desfrutar do Entroido queremos reinvindicar a importancia desta data con esta mostra sobre mulleres científicas que podedes visitar na biblioteca.


 

TORNEO XADREZ


Rematado  xa o torneo de xadrez que empezou alá polo mes de outubro, procedeuse á entrega de diplomas a tod@s @s participantes.  
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración e, sobre todo, polo voso compromiso.
 

 

1 feb 2024

DÍA DA PAZ

 Coa colaboración dos voluntarios da Biblioteca quixemos conmemorar este gran día lendo uns poemas adicados á paz ou á non violencia. Grazas polas vosas fermosas voces cheas de esperanza.

PREME NA IMAXE

Tamén se realizou unha cadea humana no patio coa colaboración de tódolos alumnos/as da ESO e algúns grupos de Bacharelato. Asemade, léronse poemas no exterior para lembrar a non violencia.



30 ene 2024

30 DE XANEIRO

 O día 30 de xaneiro, ademáis de celebrarse o Día da paz e a non violencia, tamén se conmemora o Día da Ilustración en lembranza do nacemento de Castelao. Para a ocasión elaboramos o tríptico, que aquí podedes ver, cunha selección de cómics de temática histórica e agrupados por épocas.




26 ene 2024

CHARLA AECC

 O xoves, 25 de xaneiro, no instituto levouse a cabo unha charla sobre hábitos de vida saudables e sexualidade segura. Esta iniciativa foi promovida pola Asociación Española contra o Cancro e contou coa participación da influencer Blondie Muser. O alumnado de 3º da ESO puido participar na gravación do podcast "O challenge da túa vida". 

Deixámosvos a ligazón da noticia de prensa 

PREME NA IMAXE

e a continuación a ligazón á canle do Challenge da túa vida.




19 ene 2024

ÚLTIMAS ACTIVIDADES

 O mércores 10 de xaneiro, a biblioteca acolleu unha charla impartida por docentes da UDC para falarnos de cómo mellorar o noso sono e dirixido a  alumnado de 1º de Bach. A xuntanza resultou moi satisfactoria e instrutiva. Esperamos que os consellos recibidos sirvan para que tod@s podamos ter un mellor sono e descanso reparador.


Por outra banda, este venres 19, fixemos entrega dos diplomas e dos vales ao alumnado premiado no certame de deseño de marcapáxinas deste curso. Deixámosvos a fotografía dese momento.




16 ene 2024

MARCAPÁXINAS PREMIADOS

De volta das vacacións, retomamos a nosa andaina informándovos dos traballos premiados no Concurso de marcapáxinas convocado antes do Nadal. 
Na biblioteca están expostos tódolos traballos presentados. Noraboa a tod@s @s que participastes e en especial ao alumnado premiado.