25 nov 2022

BOLBORETAS POLO 25N

Neste día contra a violencia de xénero queremos facer a nosa particular homenaxe a todas as vítimas acaecidas no que vai de ano e, para isto, o noso voluntariado elaborou unha bolboreta en lembranza por cada unha delas. 




 

22 nov 2022

CENTENARIO DE MARÍA CASARES

 Este luns 21 de novembro cumpríronse cen anos do nacemento 

desta recoñecida actriz galega que triunfou  en Francia.

Para revindicar a súa figura dende a biblioteca presentámosvos este cartel:


17 nov 2022

CONCURSO DE DESEÑO DE MARCAPÁXINAS

Un ano máis convocamos a todo o alumnado do centro a participar na elaboración dun marcapáxinas, que nesta ocasión  versará sobre os valores positivos da humanidade, baixo a temática 
MELLORA O TEU MUNDO
Deixámosvos no seguinte cartel toda a información coas bases a seguir. ANIMÁDEVOS!!!



ENCONTRO CON PEPE BARRO

 Este mércores, día 16,  contamos coa presenza do creador eumés Pepe Barro, antigo alumno do centro, que mantivo un encontro co alumnado de bacharelato de artes para falar sobre o deseño gráfico. Aínda que a actividade tivo lugar no salón de actos, por mor do aforo, na biblioteca contamos coa súa visita e agasallounos con esta fermosa dedicatoria.





16 nov 2022

CENTENARIO JOSÉ SARAMAGO

Este mércores, día 16, cumpriranse cen anos do nacemento do escritor luso José Saramago. Dende a biblioteca queremos lembrar a súa figura  amosándovos esta presentación cos libros que tedes dispoñibles na biblioteca.





15 nov 2022

CHARLA BIOLOXÍA MARIÑA

Continuamos coas actividades do Mes da Ciencia. Nesta ocasión na biblioteca acollimos unha nova charla a cargo de Guilermo García, encargado da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, pertencente á USC, para explicar as labores que nela se desenvolven.



11 nov 2022

CHARLA SOGAMA

Como cada ano, en novembro celébrase o Mes da Ciencia en galego. Dentro das actividades programadas para festexar esta data, este venres, día 11, na biblioteca  tivo lugar unha charla sobre a "separación de residuos", a cargo dun técnico de Sogama, á que asistíu  alumnado de 2º  de bacharelato e do C.S. de Química e Saúde medioambiental.



26 oct 2022

FESTEXANDO O SAMAÍN

 Á espera das actividades que imos a ter este venres terrorífico, queremos compartir o noso quizz para que disfrutedes co voso alumnado... 

Se queredes ler literatura de terror, podémosvos recomendar obras que garantizan arrepíos, sobresaltos e ollos coma pratos...

PREME NA IMAXE


25 oct 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS E SAMAIN

Este luns, coincidindo co Día das Bibliotecas, emprenderon a súa viaxe, cara ás casas, as mochilas viaxeiras. Aquí podedes ver os tres alumn@s de 1º da ESO que iniciaron a súa andaina.
 Desexamos que desfrutedes delas!


Asemade vos deixamos toda a información das actividades programadas para o Samain e lembrámosvos que tamén podedes visitar, na biblioteca, a mostra que preparamos de lecturas terroríficas en galego.



20 oct 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e para a ocasión elaboramos esta presentación na que se amosan diferentes cadros nos que se representan  algunhas bibliotecas. Con isto,  queremos que vos percatedes de que as bibliotecas están presentes nas nosas vidas dende hai séculos. 

Esperamos que vos guste!