26 oct 2022

FESTEXANDO O SAMAÍN

 Á espera das actividades que imos a ter este venres terrorífico, queremos compartir o noso quizz para que disfrutedes co voso alumnado... 

Se queredes ler literatura de terror, podémosvos recomendar obras que garantizan arrepíos, sobresaltos e ollos coma pratos...

PREME NA IMAXE


25 oct 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS E SAMAIN

Este luns, coincidindo co Día das Bibliotecas, emprenderon a súa viaxe, cara ás casas, as mochilas viaxeiras. Aquí podedes ver os tres alumn@s de 1º da ESO que iniciaron a súa andaina.
 Desexamos que desfrutedes delas!


Asemade vos deixamos toda a información das actividades programadas para o Samain e lembrámosvos que tamén podedes visitar, na biblioteca, a mostra que preparamos de lecturas terroríficas en galego.



20 oct 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

O día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e para a ocasión elaboramos esta presentación na que se amosan diferentes cadros nos que se representan  algunhas bibliotecas. Con isto,  queremos que vos percatedes de que as bibliotecas están presentes nas nosas vidas dende hai séculos. 

Esperamos que vos guste!


19 oct 2022

VISITA DE SÉCHU SENDE

Este martes, día 18, o alumnado de 2º de bacharelato mantivo un encontro co escritor Séchu Sende que veu a falar do seu libro Made in Galiza, no que trata os aspectos sociolinguísticos da lingua galega, lectura sobre a que os/as rapaces e rapazas están a traballar durante este trimestre.
Dende aquí queremos agradecer ao autor o seu entusiasmo e bo facer.


 

11 oct 2022

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Co gallo do Día Mundial da Saúde Mental na biblioteca temos preparada unha pequena mostra con lecturas e películas que tratan sobre esta problemática. Agardamos a vosa visita!!!





27 sept 2022

VISITA Á BIBLIOTECA


 Como xa ven sendo habitual, cada novo curso organizamos unha visita á biblioteca para o alumnado de 1º da ESO na que se lles explica todo o referente a súa organización, funcionamento e actividades. Ao longo da semana pasada, cada un dos tres grupos foron participando nesta actividade da que aquí vos deixamos as imaxes.
Esperamos que esta fora a primeira de moitas visitas!




15 sept 2022

ANTONIO DE NEBRIJA E JAVIER MARÍAS

 O 5 de xullo cumpríronse 500 anos do pasamento de Antonio de Nebrija, aínda que nesta data estabamos a disfrutar das vacacións de verán, dende a biblioteca non queremos deixar pasar a ocasión de darvos a coñecer a súa figura. Por este motivo elaboramos o cartel que aquí vos amosamos.

Tamén queremos informarvos de que na biblioteca temos unha pequena mostra sobre gran escritor e eterno candidato ao Nobel JAVIER MARÍAS, falecido o pasado domingo día 11.






12 sept 2022

XA ESTAMOS DE VOLTA

Dende a biblioteca queremos darvos a benvida a este novo curso que empeza. Tanto aos que xa nos coñecedes como aos que estades por primeira vez neste centro esperamos atoparos neste lugar de encontro que representa a biblioteca. Xa estamos a traballar en novas propostas das que esperamos sexades partícipes. BO INICIO DE CURSO!!!



22 jun 2022

RECOMENDACIÓNS VERÁN

Rematamos un curso máis dispoñéndonos a desfrutar dunhas merecidas vacacións. Para este tempo de lecer que nos agarda, dende a biblioteca temos preparado unha selección de lecturas que este verán poidan ser un bó compañeiro. E se algún de vos ten pensado aproveitar estas vacacións para facer o Camiño de Santiago, propoñémosvos tamén unhas lecturas que teñen como escenario a ruta xacobea.


3 jun 2022

Día Mundial do Medio ambiente

 O domingo día 5 celebrarase o Día Mundial do Medio ambiente e desde a Biblioteca querémosvos concienciar da importancia que ten o coidado do noso planeta, e, por iso, preparámosvos unha selección de lecturas sobre esta temática.


Tamén vos deixamos este cartel informativo sobre o problema que supón  o consumo de  plástico, que ameaza con contaminar cada recuncho do noso planeta.