27 dic 2017

Despedindo o ano

Como despedida do ano e deste primeiro trimestre do curso, na biblioteca leváronse a cabo distintas actividades das que vos damos conta  deseguido.
Desexámosvos a tod@s  un Feliz Ano Novo e boas lecturas:

Obradoiro de papiroflexia co alumnado de 2º da ESO



II Concurso internacional de repostería




Entrega de premios e diplomas do Concurso de Ilustración


Charla sobre  A xeoloxía de Galicia








20 dic 2017

Nadal

Hoxe, día 20, tivo lugar na biblioteca a entrega de diplomas e premios dos concursos de Cómic contra a violencia de xénero e  de Deseño de marcapáxinas. Parabéns para todo o alumnado participante así como aos premiados.

Velaí deixámosvos unha presentación onde podedes xulgar por vós mesmos a calidade dos traballos dos puntos de lectura realizados 


Aproveitamos tamén a ocasión para amosaros a selección de lecturas, feitas dende a biblioteca, cuxa temática xira ao redor da data que estamos a piques de festexar. Esperamos que sexa de voso agrado e lembrade que un libro sempre resulta unha boa compañía. Felices festas a tod@ s e que o novo ano nos traia novas e marabillosas aventuras lectoras.


19 dic 2017

Charla trasplantes

Este martes día 19, visitou a nosa biblioteca Alejandro Montero Salinas, enfermeiro do CHUAC, para falar sobre a doazón e trasplantes de órganos, e concienciar ó alumnado da importancia dunha práctica que pode salvar moitas vidas.
Foron casi dúas horas, moi amenas,  nas que puidemos aprender moitas cousas,  e onde os rapac@s tamén foron partícipes, como podedes ver na foto que adxuntamos, practicando a maneira en que se debe   levar a cabo unha reanimación cardiopulmonar.
Para todos os que non puidestes gozar desta sesión deixámosvos a ligazón a un vídeo que ensina como facer a RCP só coas mans, protagonizado polo ex-fubolista e actor Vinnie Jones.

https://www.youtube.com/watch?v=QL4LHPvC3zk


14 dic 2017

Concurso marcapáxinas "Aprende a pensar coa biblioteca escolar"

Aquí tedes os traballados que resultaron premiados no Concurso de deseño de marcapáxinas. Parabéns a tod@s  @s participantes e, en especial, as premiadas. Máis adiante xa vos amosaremos todos os traballos presentados.
Lembrade que a entrega de premios e diplomas deste concurso e máis do de cómic será o vindeiro mércores  no segundo recreo na biblioteca.



1 dic 2017

Kazuo Ishiguro

Para achegarnos á figura do último premio Nobel de literatura,que vai recibir o día dez deste mes, poñemos á vosa disposición esta marabillosa presentación de powerpoint, feita como é habitual pola nosa compañeira Elvira Roiz, amiga especial desta biblioteca.

24 nov 2017

Contra a violencia dixital

A biblioteca quérese sumar ao rexeitamento da violencia de xénero sexa do tipo que sexa. Os expertos din que nos últimos anos está a aumentar entre os máis novos esta violencia , especialmente a que se produce a través das redes sociais. Aportamos algúns datos e consellos: ç
Hoxe ás 12.30 terá lugar na biblioteca un recital literario no que os nosos estudantes lerán fragmentos orixinais e tamén de autores da antiguedade grecolatina.Algunhas alumnas achegaranse aos mitos clásicos de Ariadna, Atenea ou as sereas, e a figura histórica de Cleopatra. E no vestíbulo estase a proxectar unha presentación de viñetas dedicadas a este tema.

22 nov 2017

Concurso de cómic

Este mes de novembro podedes deixar voar a pracer a vosa creatividade porque ademáis do concurso de marcapáxinas o Departamento de Orientación e vicedirección convocaron este concurso para axudar a concienciar e espertar a sensibilidade contra ese grave problema social que é a violencia de xénero.

10 nov 2017

Formación de usuarios

Os máis pequenos do instituto estanos a visitar durante esta semana para coñecer mellor a biblioteca e afacerse a utilizala.
A pesares de ser grupos moi numerosos, de vinteoito alumnos aproximadamente, estiveron moi atentos e amosaron interese e curiosidade.
Moitos deles aproveitaron a ocasión para facerse socios ou apuntarse no club de Lectura.
Este curso tamén estamos a preparar para eles actividades de procura e/ ou algunha xincana.



3 nov 2017

Actividades de outubro

Rematamos o mes de outubro poñendo en marcha as Mochilas viaxeiras e coa visita á nosa biblioteca do profesorado de nova incorporación. Conmemoramos tamén o Centenario da revolución soviética. Con este fin ideamos o "Outubro vermello". Por unha banda, fixemos unha pequena escolla de materiais, dos que dispoñemos na biblioteca, que podedes consultar no tríptico que adxuntamos. E por outra, o Departamento de Artes plásticas preparou unha mostra, situada no vestíbulo do centro, na que se amosan movementos artísticos e obras senlleiras contemporáneas a devandita data.