18 mar 2016

XV Certame Poesía e Imaxe



Deixamos no noso blog as imaxes da exposición do XV Certame de Poesía e Imaxe que estivo ata o día de hoxe na nosa biblioteca.
Salientamos, ademáis dos estupendos traballos dos distintos centros, o da nosa exalumna, Candela, que é a portada da exposición deste ano.

Desexamos que vos gustase moito!!





Poesía e imaxe - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

8 mar 2016

Día Internacional da Muller

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, e nós dende a biblioteca queremos darlle un recoñecemento a aquelas mulleres que foron aventureiras e intrépidas expedicionarias nun mundo de homes.

Por iso fixemos este tríptico, para amosarvos algunhas delas. Esperamos que vos guste!






Día de Rosalía


O 24 de febreiro conmemoramos no noso centro o 175 aniversario do nacemento da poeta Rosalía de Castro.

Varios alumnos de 1º de Bacharelato leron e representaron na biblioteca fragmentos das súas obras máis salientables, dirixidos polo profesor Manuel Rei. Velaquí algúns dos momentos deste acto.

Moitas grazas ao alumnado e ao profesor polo seu traballo!!











19 feb 2016

PALABRAS DE AMOR, PALABRAS.

Os alumnos de artes fixeron a cartelería e a decoración do Salón de actos
Este ano quixemos celebrar a San Valentín cun recital poético, e para que nos acompañaran na tarefa chamamos aos alumnos e profesores do Club de lectura do IES Sofía Casanova.
E así o antigo feminino e o antigo masculino, o Sofía e o Concepción Arenal, volvimos a ser un.
Axudounos o amor,sen dúbida.
Primeiro fumos nós a Biblioteca do Sofía Casanova, para ensaiar as lecturas, como contan no seu blog:
http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/2016/02/xuntos-de-novo-temos-unha-cita-o-dia-15.html

 ...e despois no salón de actos "Rosalía de Castro"celebramos,con todo primeiro da ESO como público, o recital, no que cantabamos ao amor, non só, como dixo Laura "chica-chico, chico-chico ou chica-chica"senon tamén ao que nos vencella aos nosos seres queridos, aos nosos pais, irmáns, amigos da alma.
Os poemas que se leron foron os seguintes:



E fumos a foto do día no xornal A voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2016/02/15/recital-poetico-concepcion-arenal/00031455576722933157940.htm

OS NOSOS ALUMNOS FESTEXAN O ENTROIDO!

Aínda que veñen cuns días de retraso, velaquí tedes as fotos que prometimos do Entroido. 
Dende a biblioteca queremos darvos moitas grazas a tod@s pola participación!

Entroido 15-16

View more presentations or Upload your own.

1 feb 2016

Concurso de marcapáxinas"Biblioteca, base de exploracións"

Aproveitando o lema deste curso proposto polas Bibliotecas Escolares, o equipo da biblioteca decidiu convocar un concurso de marcapáxinas, e queremos amosarvos o resultado, e dar os parabéns ás gañadoras e a todos os participantes.
Os marcapáxinas vencedores foron editados e pola outra cara teñen o calendario do ano 2016, que desexamos sexa moi próspero e feliz para toda a comunidade educativa.
Queremos agradecerlle a ANPA a súa colaboración, e a Ángel, profe de artes, a súa axuda tan importante na realización da actividade.

As catro gañadoras, co seu diploma e a súa edición de marcapáxinas.

E unha presentación dos traballos realizados:




29 ene 2016

Día escolar da paz e da non violencia

O 30 de xaneiro de 1948 morría asasinado a tiros o  líder espiritual da India Mahatma Gandhi .

Gandhi foi o  impulsor da resistencia pacifista e da loita non violenta. Tras 20 anos de enfrontamento ao réxime do apartheid ao que estaban sometidos negros e indios en Sudáfrica, trasladouse á  India para esixir a independencia do seu país -nese intre, colonia de Gran Bretaña-.

O seu espírito de loita e o seu alto concepto de xustiza fixeron de Gandhi o símbolo universal da paz e a non-violencia.

En 1964 declárase por primeira vez este día, e foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia en 1976.

Dende a Biblioteca queremos lembrarvos a todos a importancia desta data e da súa mensaxe nas escolas: "'Amor universal, Non-violencia e Paz. Porque o Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a  violencia e a Paz é mellor que a guerra'.

22 ene 2016

II CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

Dende a biblioteca queremos felicitar ás alumnas do noso centro gañadoras de varios dos premios deste certame literario.

Modalidade microrrelatos

Categoría C, 2º ciclo da ESO

Primeiro  premio- "A derradeira viaxe", de Lidia González Teijido

Modalidade micropoesía

Categoría D, Bacharelato e ciclos formativos

Accésit-  "O rei das galiñas", de Noa Castro Lema

Modalidade microteatro

Categoría D, Bacharelato e ciclos formativos

Accésit-  " O outro que fala", de Lara Castro Lema.

PARABÉNS ÁS TRES!

18 dic 2015

As nosas recomendacións para este Nadal.

Aquí tedes a nosa selección de libros para este Nadal. Desfrutade da lectura nestas datas e ¡Feliz Nadal a tod@s!


View more presentations or Upload your own.

4 dic 2015

Carteis do alumnado de Deseño contra a violencia de xénero

Deixámosvos aquí o estupendo traballo feito polos alumn@s de Deseño de 2º Bacharelato con motivo da conmemoración do Día contra a violencia de xénero. 
Esperamos que vos guste!