Doris Lessing, considerada unha das escritoras máis influíntes do século XX, morreu o pasado domingo, o día 17 de novembro. Nacida en Persia (hoxe Irán) e crecida en Rodesia (hoxe Zimbabwe) no ocaso do colonialismo, Doris foi unha muller intelixente, valente e decidida que na súa longa vida –tiña 94 anos– andou comprometida coas loitas sociais, cos desvaforecidos, con África, coas mulleres, co ecoloxismo, co pacifismo… En 1999 foi quen de rexeitarlle á raíña Isabel II o título de Dama do Imperio Británico.
Só un título entre a súa prolífica obra está traducido ao galego. Trátase da súa obra máis recoñecida e que, hoxe en día, segue a ser un dos referentes do feminismo: "O caderno dourado" (Galaxia, 2009). Trátase dunha novela con trasfondo autobiográfico que ten como protagonista a unha muller que aspira a ter a liberdade dun home.
En 2007 cando lle foi entregado o Nobel de Literatura fixemos unha presentación para divulgar a súa figura. Agora que polo seu pasamento tanto se está a falar desta interesantísima muller, achegamos coas oportunas modificacións aquel traballo.
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
21 nov 2013
15 nov 2013
25 de novembro, DÍa contra a violencia de Xénero
O Equipo da biblioteca organizou unha charla-coloquio sobre a violencia de xénero, levada a cabo por ALMAT (Asociación de loita contra os malos tratos). Participaron na actividade o alumnado de 4º ESO.
Aquí os deixamos unha serie de recursos para seguir traballando nas aulas.

-- Secretaría Xeral de Igualdade: Que é a violencia de xénero?
-- Unidade didáctica da Xunta, "Combatamos a violencia
Aquí os deixamos unha serie de recursos para seguir traballando nas aulas.

-- Secretaría Xeral de Igualdade: Que é a violencia de xénero?-- Unidade didáctica da Xunta, "Combatamos a violencia
-- Concellería de igualdade do concello de Vigo; Datos e Datas.
-- Unidade didáctica do Concello de Lugo: Revista Rapazas
Se picades enriba do que aparece a cor, entraredes directamente nas páxinas web.
-- Blog de recursos para traballar a igualdade nos centros,
"Educando en igualdade"
-- Unidades didácticas do Sindicato de traballadores/as do
Ensino de Galicia (STEG): "Violencia de xénero, non!". Educ. Secundaria.
-- Educando en igualdade, unidade didáctica de FETE-UGT
-- Materiais didácticos para a comunidade educativa,
organizados por ciclos: baionaorg.
Se picades enriba do que aparece a cor, entraredes directamente nas páxinas web.
14 nov 2013
PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013
Se desexas coñecer a figura do premiado, pica enriba do nome e descubrirás moitas cousas.
Na biblioteca está a vosa disposición esta obra, que os invitamos a coñecer.
29 oct 2013
FESTEXAMOS O SAMAÍN
A noite do 31 de outubro celébrase, nos países anglosaxóns, o Halloween que ten a súa orixe na celebración celta do Samaín, e que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos.
Podedes pasarvos pola biblioteca a ver a pequena mostra de materiais que temos escollidos para festexar esta data.
Se tedes interese
en coñecer a historia do Samaín, aquí os
deixamos uns enlaces:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Sama%C3%ADn
http://fisterraelvina.blogspot.com.es/2010/10/hist
22 oct 2013
24 de outubro, Día da BIBLIOTECA
Este é o cartel que a
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita todos os
anos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da
celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL, o lema elixido
para este ano é:
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Con este lema inténtase sensibilizar sobre a
importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos
ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia
Na entrada da nosa
biblioteca podedes ver unha miniexposición de fondos, de divulgación
científica.
Nestas datas estamos a realizar
actividades de formación de usuarios, e visitando a Biblioteca Municipal.
14 oct 2013
UN TEMPO PARA LER
Comeza a actividade "HORA DE LER" co alumnado de 1º e 2º ESO.
Na semana do 14 ao 18 de outubro comezarase pola primeira clase de cada día. e así sucesivamente ata chegar ao sexto período
lectivo na semana sexta.
Rematado este ciclo volverase a comezar co mesmo
criterio ao comezo da seguinte avaliación. En total serán 6 sesións por
avaliación.
Consistirá nunha sesión diaria mínima de 20 minutos dedicada
a actividades relacionadas co fomento da lectura.
FELICES LECTURAS!
12 oct 2013
COMEZAN A CIRCULAR AS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS
O luns, 7 de outubro, un ano máis saíron da biblioteca as Mochilas
Viaxeiras, cargadas de boas lecturas, videoxogos e cine para compartir en familia. Chegarán aos fogares,
do alumnado de 1º ESO, cada quince día co obxectivo de animar a ler en familia.
Revisade as “normas de uso” que as
acompaña e recordade que os materiais que levan
debemos de coidalos.
Agardamos os vosos comentarios e as novas que consideredes oportunas
engadir no caderno que vai nela.
29 sept 2013
CINE E LITERATURA
Este curso a biblioteca do noso Centro levará a cabo una exposición de
libros e filmes de todos os tempos que foron levados a gran pantalla.
Pretendemos achegar a comunidade escolar tanto a Literatura como o cine,
que son dúas artes que moitas veces
camiñan xuntas.
Aquí tedes un enlace para traballar o cine nas aulas:
23 sept 2013
Celebramos hoxe o 40 aniversario da morte de Pablo Neruda
Premio Nobel de Literatura 1971, a súa
obra é lida e recitada non só no seu Chile natal e en América Latina,
senón en moitísimos lugares de todos os continentes.
Gabriel García Márquez dixo del que foi "o mellor
poeta do século XX en calquera
idioma".
A biblioteca os invita a coñecer máis sobre a súa persoa e a súa obra.
Podedes consultar nestas páxinas:
http://www.neruda.uchile.cl/
http://www.pablonerudapoemas.com/
http://cvc.cervantes.es/actcult/neruda/
Podedes consultar nestas páxinas:
http://www.neruda.uchile.cl/
http://www.pablonerudapoemas.com/
http://cvc.cervantes.es/actcult/neruda/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



