O equipo de dinamización linguística xunto coa biblioteca organizou unha homenaxe ao noso gran escritor da terra, Carbalho Calero.
que serviu de escenario de fondo para a lectura de poesías sobre carballos realizadas
Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
O equipo de dinamización linguística xunto coa biblioteca organizou unha homenaxe ao noso gran escritor da terra, Carbalho Calero.
Para este Samaín tan atípico, o alumnado de artes escénicas realizou unha actuación terrorífica chea de desaparicións e misterios que culminou cunha procesión de ánimas que tomou como punto de partida a biblioteca.
Grazas pola vosa interpretación e colaboración!
Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas e tomando como referencia a temática de "Xeografías Lectoras" proposta polas Bibliotecas Escolares, elaboramos unha presentación onde atopamos libros fóra do seu lugar e formato habitual.
Queremos lembrarvos que o 17 de outubro celebrouse o centenario do nacemento de Miguel Delibes, autor prolífico e visionario que foi un referente intelectual e moral do seu tempo. Co gallo desta data, elaboramos un tríptico con todas as obras que están dispoñibles na nosa biblioteca, esperando que vos guste.
Como cada curso, a semana pasada recibimos ao novo alumnado de 1º de ESO para explicarlles o funcionamento da biblioteca así como a distribución do seu fondo. Tamén recibiron formación sobre o novo protocolo de seguridade da biblioteca. Grazas a tod@s pola vosa participación!
Outra vez sopa!”, di Mafalda
Morreu Quino, pero Mafalda será inmortal. A nena sabia fainos rir coa súa mirada inocente e palabras tan certas e tan de actualidade moitas veces.
Aquí a vemos tratando de curar un mundo enfermo. Todos desexamos que o consiga...