8 abr 2019

Libros solidarios

Pensando xa no día do libro, organizamos unha recollida de libros de lectura que podes deixar na biblioteca ata o día 23 de abril. 
Colabora con nós e converte o teu libro nun libro solidario...
Se queres saber máis, aquí deixámoste máis información

21 mar 2019

Día da poesía

Co gallo do día da poesía desde a biblioteca preparamos esta "constelación poética" cunha selección de poemas nos que os protagonistas son os animais. 


Se queredes descargar o documento empregade o seguinte enlace: https://drive.google.com/open?id=1LUj_q1bdS81qd0dv3ullmV_abU9QrycV

19 mar 2019

15 M - Protestas mundiais contra o cambio climático

A nosa biblioteca faise eco das diversas protestas levadas a cabo en todo o mundo este venres 15 de marzo contra o cambio climático. Neste curso, eliximos precisamente a temática do mundo animal para resaltar a súa importancia e a necesidade de ser protexido polo ser humano. Por isto e moito máis, nos unimos á voz mundial contra o cambio climático que perxudica ao ser humano e tamén a tódolos seres vivos do noso planeta.
Recomendamos vivamente este exemplar do que dispoñemos na biblioteca:

11 mar 2019

Entroido 2019

Este curso tivemos un Entroido moi animado con moita participación de alumnado e profesorado.Este último co gallo da celebración dos 150 anos da Táboa Periódica atopou inspiración para os seus disfraces.

22 feb 2019

Día de Rosalía

O vindeiro domingo 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e con este motivo este venres 22 leváronse a cabo varias actividades, como lectura de poesias en todas as aulas e  na biblioteca participamos  coa iniciativa  que chamamos "Un libro, un caravel" en colaboración con o EDLG e que resultou todo un acerto. Proxectouse tamén o III acto de "No devalar dos tristes".
 Grazas a tod@s pola vosa participación; sen dúbida a repetiremos en máis ocasións.

15 feb 2019

Semana de actividades


Ao longo desta semana a biblioteca foi escenario dunha chea de actividades das que vos deixamos, a continuación, un breve resumo.
Mostra do 18º Poesía e imaxe
Visita do CPI Atios de Valdoviño e Colexio Jesús Maestro
Charla de ASPANEPS para 1º da ESO

             
               Obradoiro de origami polo San Valentín



1 feb 2019

Día da Paz



O pasado mércoles 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Non violencia e da Paz e para festexalo, na biblioteca, levouse a cabo a lectura teatralizada do "Poema nuclear" de Celso Emilio Ferreiro por parte do grupo de teatro do instituto. Dende aquí queremos darlle os nosos parabéns e as grazas pola súa actuación.





21 ene 2019

II Certame de cómic contra a violencia de xénero

Presentámosvos os cómics elaborados polo alumnado co gallo do día contra a violencia de xénero.
Noraboa aos gañadores e a todos os participantes pola creatividade amosada.

14 ene 2019

Concurso repostería

O último día antes das vacacións de Nadal celebramos a terceira edición do concurso internacional de repostería, todo un éxito de participación e asistencia.
Agradecemos aos membros do xurado a súa dedicación e felicitamos a todos os premiados.

11 ene 2019

Concurso marcapáxinas "Poéticas diversas na biblioteca escolar"

Benvidos, esperamos que gozárades das vacacións de Nadal!Retomamos o traballo amosándovos as artísticas creacións do noso alumnado sobre o tema escollido polas Bibliotecas escolares: "Poéticas diversas"
As musas inspiraron todas estas fantásticas obras.