15 feb 2019

Semana de actividades


Ao longo desta semana a biblioteca foi escenario dunha chea de actividades das que vos deixamos, a continuación, un breve resumo.
Mostra do 18º Poesía e imaxe
Visita do CPI Atios de Valdoviño e Colexio Jesús Maestro
Charla de ASPANEPS para 1º da ESO

             
               Obradoiro de origami polo San Valentín



1 feb 2019

Día da Paz



O pasado mércoles 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Non violencia e da Paz e para festexalo, na biblioteca, levouse a cabo a lectura teatralizada do "Poema nuclear" de Celso Emilio Ferreiro por parte do grupo de teatro do instituto. Dende aquí queremos darlle os nosos parabéns e as grazas pola súa actuación.





21 ene 2019

II Certame de cómic contra a violencia de xénero

Presentámosvos os cómics elaborados polo alumnado co gallo do día contra a violencia de xénero.
Noraboa aos gañadores e a todos os participantes pola creatividade amosada.

14 ene 2019

Concurso repostería

O último día antes das vacacións de Nadal celebramos a terceira edición do concurso internacional de repostería, todo un éxito de participación e asistencia.
Agradecemos aos membros do xurado a súa dedicación e felicitamos a todos os premiados.

11 ene 2019

Concurso marcapáxinas "Poéticas diversas na biblioteca escolar"

Benvidos, esperamos que gozárades das vacacións de Nadal!Retomamos o traballo amosándovos as artísticas creacións do noso alumnado sobre o tema escollido polas Bibliotecas escolares: "Poéticas diversas"
As musas inspiraron todas estas fantásticas obras.

21 dic 2018

Recomendacións e actividades de Nadal

Despedimos o ano entregando os premios dos certames de cómic contra a violencia de xénero e deseño de marcapáxinas, como podedes ver nas fotos que aquí tendes. Lembrade que os traballos están expostos na biblioteca e á volta das vacacións prepararemos unha presentación con todos eles.

Premiadas no certame de deseño de marcapáxinas


Premiados no certame de cómic


Aproveitamos tamén a ocasión para deixarvos as nosas recomendacións de lectura para o nadal e desexarvos unhas moi Felices Festas!!!






12 dic 2018

Obradoiro de Amnistía Internacional e Premiados do Concurso marcapáxinas

Co gallo da celebración do 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos, onte contamos coa presencia de dúas activistas de Amnistía Internacional que realizaron un obradoiro sobre as emocións e o respeto dos dereitos humanos co alumnado de 3º ESO. Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade, que resultou de gran interese para tod@s.

 


Aproveitamos a ocasión, para dar a coñecer ás gañadoras do concurso de marcapáxinas 2018.
Parabéns ás premiadas e agradecemos a participación do alumnado.
Lembrade que o próximo xoves, 20 de decembro, no segundo recreo terá  lugar a entrega de diplomas e premios na biblioteca.


                         



3 dic 2018

Conto de Samaín 2018


Queremos darvos as grazas a tod@s pola vosa colaboración para a elaboración deste conto de Samaín 2018. Coas vosas frases logramos compoñer esta pequena historia onde recoñeceredes algunhas das vosas aportacións apocalípticas...


28 nov 2018

25 N: Romeo e Xulieta

O alumnado de Artes Escénicas, coa axuda da súa profesora Belén Roca, elaborou o guión e representou unha pequena obra sobre o tema da violencia de xénero que podedes ver a continuación. Parabéns e grazas a tod@s os que fixeron posible que hoxe poidamos gozar desta peza.





23 nov 2018

Día contra a violencia de xénero

Con motivo desta data, durante a próxima semana no vestíbulo estará colocado un panel no que poderedes deixar as vosas mensaxes de rexeitamento. Non esquezades poñer o voso nome porque as mensaxes "máis curativas" recibirán un pequeno agasallo. PARTICIPADE!!!