16 nov 2018

Novembro, mes da ciencia en galego

Xa que este curso estamos a traballar o tema do mundo animal, aproveitamos que novembro é o mes da ciencia en galego para deixarvos este cartel cunha selección de libros nos que atoparás información e fermosas ilustracións sobre distintos tipos de animais.



Aproveitamos tamén a ocasión para invitarvos a participar un ano máis no Concurso de ilustración do marcapáxinas-calendario, do que podedes consultar as bases aquí.

PARTICIPADE!!!O GAÑADOR VERÁ A SÚA OBRA PUBLICADA!SORTE!


9 nov 2018

II Certame cómic contra a violencia de xénero

Un ano máis queremos convidarvos a participar nun novo certame de cómic contra a violencia de xénero, que como xa saberedes ten lugar o día 25 de novembro. Deixámosvos aquí o cartel coas bases de dito concurso. Se vos xurde calquera dúbida preguntade na biblioteca. ANIMÁDEVOS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO !


31 oct 2018

Samaín 2018

Neste samaín, os axudantes participaron na decoración da biblioteca así como algún profesor. Aquí tedes algunha mostra do traballo que quedou chulísimo. Moitas grazas a tod@s.

Ademáis queremos agradecer a colaboración do alumnado e profesorado na confección de predicións aterradoras para  a nosa historia de terror que esperamos publicar nun "futuro non moi lexano".

22 oct 2018

Día das Bibliotecas Escolares

O mércores 24 celébrase o Día das bibliotecas escolares e con este motivo preparamos esta presentación cunha selección de escenas rodadas en distintas bibliotecas ou nas que as bibliotecas xogan un papel relevante. 



Tamén preparamos unha serie de lecturas sobre triloxías que titulamos De tres en 3 e que vos recomendamos porque como amantes das bibliotecas gústavos moito ler e así triplicamos o voso gozo.


17 oct 2018

Visita de Manuel Núñez Singala



Onte tivemos a fortuna de recibir na nosa biblioteca a Manuel Núñez Singala, que veu ao centro a dar unha conferencia chamada "A lingua galega, unha oportunidade", á que asistiu con moito agrado o alumnado de segundo de bacharelato.

8 oct 2018



Convocatoria de mochilas viaxeiras:



Lembra que todavía te podes apuntar para acceder ás nosas  mochilas viaxeiras. 
Non o dubides! Esta viaxe levarate moi lonxe, nun mundo cheo de historias e fantasía que, de seguro, te vai encantar...
Esperámoste na biblioteca! 

Para saber máis:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Diptico_mochilas_viaxeiras.pdf


3 oct 2018

Convocatoria Club de lectura e Axudantes de biblioteca

Desde a biblioteca quedades invitad@s a participar nas actividades das que vos podedes informar nos carteis que aquí vos deixamos. ANIMÁDEVOS!!!


21 sept 2018

Retomamos a nosa tarefa desexándovos un bó comezo de curso. Imos continuar ofrecéndovos  distintas actividades nas que esperamos que vos animedes a participar e das que daremos cumprida conta deste este blog. Damos a benvida a todo o novo alumnado e profesorado invitándovos a coñecer a nosa biblioteca, a facervos socios e a gozar das lecturas.

21 jun 2018

Lecturas de verán


Seica o verán virá caloroso este ano...aproveitádeo, e na praia, na piscina, no campo e na terraza, onde sexa que  vaiades, sempre presta un ratiño de lectura. Felices vacacións!