27 mar 2026

TORNEO DE XADREZ 2025/26

Onte, entregamos os diplomas de recoñecemento e os premios ao campión e subcampión. 
Parabéns a todos/as os/as participantes e esperómosvos o vindeiro curso para un novo torneo.
 

17 mar 2026

DESAFÍO GALEGO 2026

 Un ano máis, deu comenzo o 16 de marzo o Desafío galego que se prolongará ata o 27 de marzo co fin de visibilizar a nosa lingua entre a comunidade educativa. 

Este curso contouse co grupo galego De ninghures como padriños da iniciativa,  que actuaron no salón de actos ante un animado alumnado.

Animámosvos a facer uso da lingua galega no voso entorno, sexa profesional ou persoal e nas redes sociais, para amosar a riqueza lingüística que posuimos e para sentirnos un pouco máis galegos e galegas!



9 mar 2026

VISITA DO IES ANDRÉS LAGUNA DE SEGOVIA

 O martes 3 de marzo recibimos a visita de diversos compañeiros do IES Andrés Laguna situado en Segovia co que estamos a participar no programa Observa-Acción. Quedaron encantados co instituto e, en particular, coa biblioteca e cos fondos que aquí temos. Grazas pola vosa visita!


O alumnado participante na Radio do centro realizoulles unha entrevista que podedes escoitar no noso apartado Radio nas Aulas


ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ

Para festexar o Día da Paz e a non violencia, o alumnado de Literatura Universal elaborou estes marcapáxinas, cada un co seu nome e a frase "A paz é amiga do amor, comprensión e respecto", quedando así de xeitosos unha vez plastificados.


 Diverso alumnado de 3º ESO e 2º Bach realizaron unhas lecturas do poema "La primavera ha venido" de Rafael Alberti e "incertezas en tempos de guerra" de Elena Gallego Abad. Dámoslles as grazas pola súa colaboración: