30 oct 2025

FELIZ SAMAÍN

Para festexar este día cheo de monstruos, vampiros, meigas e outros seres terroríficos, organizamos 
unhas actividades propias destas datas que esperamos foran do voso agrado!
Bos días de descanso.!Vémonos á volta!

 


MOCHILAS VIAXEIRAS

Coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas puxéronse en marcha rumbo aos seus novos fogares as mochilas viaxeiras. 
Esperamos que supoñan un motivo de reunión e lecer para toda a familia.



21 oct 2025

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Para seguir coa celebración do Día das Bibliotecas, escollimos este artigo sobre as 10 bibliotecas máis bonitas do mundo co desexo de que algún día podades visitalas.

PREME NA IMAXE


DÍA DAS BIBLIOTECAS

O xoves 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión, elaboramos un tríptico con algunhas lecturas que che farán reflexionar sobre temáticas que tratan de concienciarnos dos problemas que siguen a existir no noso mundo a pesar do paso do tempo.
Queremos dar visibilidade á importancia das Bibliotecas como centros de información veraz.

 


13 oct 2025

DÍA DAS ESCRITORAS

 


O luns, 13 de outubro, celébrase o Día das escritoras, e nesta ocasión, dende a biblioteca queremos rendir homenaxe a dúas autoras das que este ano estase a festexar o centenario do seu nacemento: Ana Mª Matute e Carmen Martín Gaite.

Aquí tedes estos dous carteis nos que vos amosamos unha pequena semblanza da súa traxectoria e os libros que temos dispoñibles na biblioteca.