30 ene 2025

30 de XANEIRO: DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN

Para esta celebración, o departamento de Matemáticas organizou un  obradoiro de papiroflexia  para realizar pombas de paz que se levou a cabo na biblioteca durante os recreos. Resultou ser unha actividade orixinal e divertida que encheu  o lugar dunha banda de pombas pacíficas.



Tamén quixemos celebrar o día da ilustración  cunha infografía dedicado ao cine anime, do que vos deixamos o cartaz.





ACTIVIDADES SOBRE ROSALÍA

Este mércores, día 29,  empezamos coas actividades que  durante este mes de febreiro se adicarán á figura de Rosalía, inaugurando na biblioteca a mostra "Rosalía: proclamar ao mundo que Galicia existe", cedida pola Deputación de A Coruña. Para a ocasión contamos coa inestimable presenza de Francisco Rodríguez, gran coñecedor da figura e obra de Rosalía, autor dos textos informativos da exposición. O acto estivo amenizado ademáis pola música do artista polifacético Xoán Padín e por un recital de poemas por parte de alumnado do noso centro e do IES Sofía Casanova, que visitou a biblioteca co gallo desta actividade.

Podedes visitar a exposición na Biblioteca sobre Rosalía, que estará con nós ata o día 12 de febreiro.

ESPERÁMOSVOS!



20 ene 2025

CHARLA PLURILINGÜISMO USC

 O venres pasado, tivemos a sorte de contar con Gabriela, profesora da USC, que nos deu unha charla explicativa sobre o Plurilingüismo para o alumnado de francés de 4ºESO e BACH. Resultou de gran interese e a participación e actitude do alumnado foi excelente.