Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
29 oct 2024
DÍA DO ENSINO
Como xa tod@s saberedes, o Día do Ensino, que non ten unha data fixa, este curso celebrarase o xoves 31 de outubro. Como dende a biblioteca estamos a traballar o tema do cine, queremos festexar esta data presentándovos esta selección de películas cuxa temática xira arredor da labor docente.
24 oct 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS: ACTIVIDADES
Seguindo cos festexos do Día da Biblioteca, fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos primeiros
lectores: esperamos que disfrutedes moito das nosas propostas!
Tamén se organizou un monólogo científico a cargo de Big Van Ciencia destinado ao alumnado de 4ºESO, ciclos e 1º Bach. Un espectáculo teatral cheo de ciencia e humor que fixo pasar momentos realmente divertidos. Agradecemos a súa cercanía e entrega cos rapaces.
DÍA DAS BIBLIOTECAS: ESPECIAL CINE
Este curso, no que estamos a traballar arredor do cinema, queremos festexar o Día das Bibliotecas (24 de outubro) presentándovos esta pequena selección de películas nas que os libros e as bibliotecas están moi presentes.
17 oct 2024
IX TORNEO XADREZ
Lembrámosvos que tedes ata o día 18 de outubro para apuntarvos ao Torneo de Xadrez deste curso.
NON VOS DEMOREDES!
16 oct 2024
PREPARANDO O SAMAÍN
Deixámosvos aquí toda a información sobre as actividades que estanse a preparar cara o Samaín.
CONTAMOS COA VOSA PARTICIPACIÓN!!!
10 oct 2024
DÍA DA SAÚDE MENTAL
Hoxe. día 10 de outubro, Día da Saúde Mental, coa finalidade de sensibilizar ao entorno educativo sobre esta problemática, puxemos o noso gran de area organizando un obradoiro no que o alumnado confeccionou unhas grilandas con mensaxes positivas que quedaron expostas no vestíbulo do centro. Asemade, na biblioteca, preparamos unha pequena selección de películas que tratan esta temática dende diversas facetas.
PREME NA IMAXE
3 oct 2024
OBRADOIRO LINGUA DE SIGNOS
Este mércores deu comenzo na biblioteca o obradoiro de lingua de signos que temos previsto desenvolver todos os mércores nos segundos recreos. Non é necesario apuntarse para participar, así que vos esperamos sempre que queirades. ANIMÁDEVOS!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)