Blogue da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol). Email:biblioteca.saturninohermida@gmail.com
25 nov 2010
18 comidas ou como Galicia supera a Hollywood

22 nov 2010
Lecturas de outono
Hai pouco tempo que acabei de ler dúas das propostas editoriais, deste verán “Unha historia que non vou contar” de Cid Cabido e “A Intervención” de Teresa Moure. As dúas afronteinas con idéntica ilusión e curiosidade pero producíronme reaccións opostas. A de Cid Cabido diría que a devorei coa sensación agradable de frescura que produce o achado dunha proposta nova que te enreda e aprisiona na súa trama ata que a terminas; pola contra a de Teresa Moure obrigoume a unha lectura reflexiva, teimuda e persistente co ánimo de atopar algo daqueles personaxes e pasaxes cativadoras de Herba moura pero sen chegar a atopalo.
Imos analizalas por separado. “Unha historia que non vou contar" non é unha novela de
intriga ao uso, son dúas narracións nunha. Por unha banda está a crónica detallada do proceso de “non” escritura dun libro e por outra o relato da peripecia persoal do “non” autor, o escritor C.C. (un xogo coas iniciais de Cid Cabido). Partindo dun feito real, o asasinato dun coñecido industrial vigués acontecido nos anos 70, o autor aproveita para propornos unha viaxe a outra época, a finais da ditadura franquista. A novela vai tecendo o retrato duns ambientes sociais, das relacións entre as parellas, as familias, o mundo dos negocios, os grandes escándalos económicos como o famoso caso REACE, paradigmas da estrutura daquel réxime escuro e tebroso que tanto pesa, en formas e costumes, na nosa sociedade de hoxe. E doutra banda está a peripecia persoal do protagonista e narrador un tipo bastante indolente que, case a empurróns dos que o rodean, trata de discernir entre o que ocorreu realmente e o que quedou como lenda popular. Está omnipresente na narración, Vigo, quizais unha chiscadela complice para aqueles lectores que identifican na lectura as pasaxes e personaxes ben coñecidos dunha e outra época. A intriga subxacente, as dúbidas existenciais do escritor protagonista, o seu voluntario retiro de modas e convencións, configuran un amplo fresco tanto do pasado como do presente, e dos fíos, ás veces invisibles, que os unen.
Resumindo Cid Cabido elabora unha ficción-non ficción narrativa moderna, áxil, onde combina diferentes rexistros, cunha linguaxe clara e directa, de calidade que engancha desde os primeiros momentos e que a converten nunha lectura altamente recomendable.
Imos analizalas por separado. “Unha historia que non vou contar" non é unha novela de

Resumindo Cid Cabido elabora unha ficción-non ficción narrativa moderna, áxil, onde combina diferentes rexistros, cunha linguaxe clara e directa, de calidade que engancha desde os primeiros momentos e que a converten nunha lectura altamente recomendable.
Non me resulta fácil falar da novela de Teresa Moure pois a miña é a opinión dun lector, non a dun crítico nin a dun experto lingüista e poida que por iso sexa unha opinión equivocada, pero si podo afirmar que decepcionou as expectativa

6 nov 2010
LER E ESCOITAR
Nos últimos días de outubro tivo lugar na biblioteca o primeiro concurso"LER E ESCOITAR".
Os participantes, de primeiro e segundo da ESO, tiñan que ler dous fragmentos, un seleccionado polo xurado, e outro seleccionado por eles mesmos.
Resultaron gañadores do concurso:
Na categoría de grupos, o grupo de segundo B composto por Carlota, Lorena, Yolanda,María e Ruth, que escolleron un fragmento de "Qué me queres, amor?" titulado Conga,conga, de Manuel Rivas.
E na categoría individual o alumno de primeiro A, Pablo, que concursou cun fragmento da "Odisea" de Homero, A misión de Hermes.
Outros autores que leron os rapaces foron Fina Casalderrey, Mar Guerra, Xulio Verne e Antoine de Saint-Exupery, mentras que o xurado propuxo un texto de Gianni Rodari.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)