27 nov 2014

Un novo capítulo do noso club de lectura


Un grupo de alumnos de 4ºESO e Bacharelato participou nunha nova sesión do club de lectura "Ler a todo filispín". Sesión que presentaba nesta ocasión Marian Calvo, responsable desta actividade, quen fixo unha selección de narrativa breve de Cortázar, Quiroga, García Márquez e Murakami.

Estes contos retratan, entre outros aspectos, algúns dos trazos máis estranos da natureza, tinguidos de enfermidade, sufrimentos e arrepíos para os seres humanos. A tolemia e o amor mistúranse coa morte como destino que libera da tensión asfixiante que vai medrando ao longo dalgús destes relatos.


A participación dos alumnos foi moi activa, con comentarios e conversas moi interesantes sobre os diversos temas que xurdiron a partir da lectura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario